Guía de Navegación

A páxina web do Portal de Datos deseñouse cunha estrutura de contidos e un sistema de navegación baseados en garantir a máxima facilidade de uso e accesibilidade para o usuario. 

Co fin de poñer ó dispor dos usuarios unha pequena guía de navegación, a continuación, explícase brevemente como se organizan os contidos da web do Portal de Datos.

As páxinas do portal amosan as seguintes opcións de contidos:

  1. Logotipo do Portal de Datos: serve para volver á páxina de inicio desde calquera lugar da web.
  2. Selección de idiomas: permite elixir o idioma no que desexamos navegar. 
  3. Buscador: permite buscar o contido por palabra clave ou por un criterio avanzado baseado na materia do contido, o seu formato, data ou o seu contido textual. 
  4. Elementos de axuda á navegación: permite localizar os contidos da web co mapa da web ou visualizalos ampliando as súas fontes.  
  5. Menú principal de navegación, na cabeceira: permite o acceso a toda a información transversal relacionada co Portal de Datos.
  6. Pé de páxina: permite o acceso ás políticas de accesibilidade do portal.
  7. Rastro de navegación ou de miga (agás na home): permite manter a referencia da navegación realizada, indicando en todo momento cal foi a ruta elixida. 
  8. Barra de ferramentas (agás na home): permite obter o contido presentado na páxina noutros formatos (imprimir, descargar como PDF, ouvir, consultar vía RSS) e inclúe a axuda da navegación ou a aplicación que se mostra como contido.