Declaración de accesibilidade

O Ministerio para a Transición Ecolóxica comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ó sitio web https://www.miteco.gob.es/es.html  

Situación de cumprimento

Este sitio web está parcialmente adaptado consonte co RD/1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co RD 1112/2018
    • Neste portal existe contido con entradas de datos sen etiquetar correctamente [requisito 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións y 9.3.3.2 Etiquetas e instrucións de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
    • Neste portal existen páxinas que non se adaptan a un cambio no  tamaño da pantalla, podendo perderse información [requisito 9.1.4.10 Axuste do texto de EN 301549 v2.1.2 – 2018].
    • Na páxina de inicio existe unha alerta que non se pode poñer en pausa, deter ou ocultar [requisito 9.2.2.2 Poñer en pausa, deter ou ocultar de EN 301549 v2.1.2 -2018]
    • No portal non existen formas de evitar bloques de contido repetidos [requisito 9.2.4.1 Evitar Bloques de EN 301549 v2.1.2 – 2018].
    • Nalgunhas páxinas existe un compoñente de galería de imaxes que non se poden ocultar desde o teclado, alterando así, a orde do foco [requisito 9.2.4.3 Orde do Foco de EN 301549 v2.1.2 – 2018].
    • No portal existen páxinas onde o texto das ligazóns é demasiado longo, podendo non ser claro o seu propósito  [requisito 9.2.4.4 Propósito das ligazóns de EN 301549 v2.1.2 – 2018].
    • En todo o portal existen ligazóns sen title e botóns ou entradas de datos sen name ou que é distinto á etiqueta asignada, dificultando o acceso por comando de voz.  [requisito 9.2.5.3. Inclusión da etiqueta no nome de EN 301549 v2.1.2 – 2018].
    • No portal existen contidos en lingua inglesa que non están etiquetados correctamente [requisito 9.3.1.2 Idioma das partes de EN 301549 v2.1.2 – 2018].
  2. Carga desproporcionada
    • Non aplica
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poderían existir arquivos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade con tódolos requisitos de accesibilidade.  Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi elaborada o 24 de xaneiro de 2025.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.

Última declaración revisada: 24 de xaneiro de 2025.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018), como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • Transmitir outras dificultades de acceso ó contido
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

A través do seguinte formulario de contacto ou de calquera dos medios dispoñibles na sección de Atención á cidadanía.

As comunicacións recibiranse e xestionaranse na Oficina de Atención á Cidadanía do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. 

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación está recollido no artigo 13 do RD 1112/2018

Se logo de realizar unha solicitude de información accesible ou queixa, esta é desestimada, non estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise cos requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación.  Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese  o prazo de vinte días hábiles e non obtivese unha resposta.

A reclamación pode presentarse a través dunha Instancia Xenérica na Sede electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, así como no resto das opcións contempladas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións recibiranse e trataranse polo Gabinete Técnico da Subsecretaría. 

Contido opcional

Este sitio web cumpre cos requisitos da Norma EN-301549 v2.1.2:2018 considerando as excepcións do RD 1112/2018.

A última revisión de accesibilidade realizouse o 24 de xaneiro de 2025.

O sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 8.0 ou versións superiores e as últimas versións vixentes de FireFox, Safari, Opera e Google Chrome. 

O sitio web é Responsive, polo que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles.