Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do presente sitio web, do que é titular o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento no que o usuario acceda ó mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos contidos ou servizos concretos do sitio web www.datosabiertos.miteco.gob.es.

Para tal efecto, o presente documento enténdese por como un «axente reutilizador» de toda persoa, física ou xurídica que reutilice información do sector público, xa sexa para fins comerciais ou non comerciais. 

Obrigatoriedade das condicións xerais. 

As presentes condicións xerais, dispoñibles con carácter permanente baixo, vincularán a calquera axente reutilizador polo simple feito de facer uso dos documentos sometidos a elas. 

Autorización de reutilización e cesión non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual.

As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal referidos no artigo 1.2 do Real Decreto 1495/2011, de 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público estatal, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.

O concepto de documento é o establecido no apartado 2 do artigo 3 da Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda información, calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico, así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou «en bruto».

Esta autorización supón, así mesmo, a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, no seu caso, correspondentes ós devanditos documentos, autorizándose a realización de actividades de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, precisas para desenvolver a actividade de reutilización autorizada, en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola Lei. 

Condicións xerais para a reutilización.

Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:

  1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
  2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse da seguinte maneira: «Orixe dos datos: Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico».
  3. Debe mencionarse a data da derradeira actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre e cando figure no documento orixinal.
  4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico titular da información reutilizada participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
  5. Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídas, no seu caso, no documento posto ó dispor para a súa reutilización. 

Exclusión de responsabilidade.

A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros polos danos que se puidesen derivar dela.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico non será responsable do uso que os axentes reutilizadores fagan da información nin tampouco dos danos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada. 

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico non garante a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.

O Ministerio como facilitador do coñecemento e a información facilita o acceso a páxinas externas sobre as que o Ministerio non ten control algún e declina toda responsabilidade.  

O Ministerio para a transición Ecolóxica e o Reto Demográfico tampouco se responsabiliza das respostas que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico que aparecen nesta páxina, agás as do Ministerio. 

Responsabilidade do axente reutilizador.

O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

Protección de datos de carácter persoal.

Consonte coa Lei Orgánica, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico comprométese ó cumprimento da súa obriga de secreto con respecto ós datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta Web e ó deber de tratalos con confidencialidade. Para tales efectos, adoptaranse as medidas oportunas para evitar a súa alteración, tratamento ou acceso non autorizado.  O usuario poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición remitindo un correo electrónico a  bzn-dpdmiteco@miteco.es

Política de privacidade

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico mantén un compromiso de cumprimento da lexislación vixente en materia de tratamento de datos persoais e seguridade da información co fin de garantir que o tratamento dos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta web se realice conforme ó Regulamento (UE) 2016/679 Xeneral de Protección de Datos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Os datos de carácter persoal que se puidesen obter directamente do interesado serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento.

A relación actualizada de actividades de tratamento que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico leva a cabo atópase dispoñible na súa sede electrónica https://sede.miteco.gob.es, sede na que os titulares dos datos poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición ó tratamento, así como a non seren obxecto de decisións automatizadas dos seus datos.

Estatísticas de uso

Esta páxina web utiliza un servizo de analítica web que instala rastros temporalmente co único e exclusivo propósito de elaborar informes de carácter estatístico. Os rastros son ficheiros creados no navegador do usuario para rexistrar a súa actividade no sitio web. Un rastro non identifica a unha persoa, senón a unha combinación de computador-navegador-usuario. Doutra banda, ten unha vixencia temporal limitada e en ningún caso se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para navegar polo portal do Ministerio non é preciso que vostede permita a instalación destes rastros; pode desactivalos directamente no seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente. Porén, a función de «Axuda» mostraralle como facelo.

Modificacións.

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ó usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

Deseño de portal e logos

O deseño do portal, o seu código fonte e os logos, marcas e máis signos distintivos que aparecen, e que pertencen ó Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ou os seus organismos dependentes, están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual.

Versión multilingüe.

O presente sitio web está traducido a varias linguas españolas oficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade co establecido no artigo 3 da Constitución Española de 1978 e os seus Estatutos de Autonomía. As linguas son o catalán, o valenciano, o éuscaro e o galego. Tamén está traducido, na súa maioría, ó inglés e francés.

Rexistro da pegada de carbono

Orde AAA/1702/2014, de 11 de setembro, pola que se modifica a Orde ARM/1683/2011, de 2 de xuño, pola que se regulan os ficheiros con datos de carácter persoal xestionados polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2014-9662